Nesta edición o concurso céntrase na transmisión xeracional do idioma, ese nó que permite que a lingua perviva no tempo e á mesma vez sexa a nosa herdanza.
O prazo para enviar fotos e vídeos permanecerá aberto até mediados de xuño.
FOTOS
As fotografías (.jpg, .png, .gif, tif) deberán ser apaisadas (1 Mb máximo) e poderán ser reencadradas lixeiramente para adaptalas ao tamaño de publicación. Quedan excluídos deseños e ilustracións. Cada foto virá acompañada do nome do autor ou da autora, lugar de residencia, correo electrónico (ou teléfono) e un texto cun máximo de 250 caracteres que axuden a contextualizar a imaxe.
VÍDEOS
Os vídeos deberán ter unha duración curta, duns tres minutos como máximo. O autor ou autores poderán optar por enviar obras onde estea ou non presente a palabra. Formatos (mpg, avi, flv, mov…) a un tamaño de 320×240. A liberdade de creación é total.
Para a mellor imaxe o premio é unha cámara de fotos e para o mellor vídeo, unha videocámara.
Máis información, aquí.
Unha imaxe para o galego
Concurso de foto e vídeo sobre a lingua
O xornal dixital Vieiros convoca un ano máis o concurso Unha imaxe para o galego, co que procuran fotos e vídeos que retraten o noso tesouro máis prezado como pobo: o idioma.