Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837, e morreu en Padrón o 15 de xullo de 1885. É a nosa meirande poeta e a figura máis importante do Rexurdimento. O Día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio por ser esta a data de edición da súa obra máis salientable, Cantares Gallegos.
E, ademais diso, ou por iso, converteuse tamén en toda unha icona nacional. Rosalía para ler, escoitar, saborear ou lucir! Rosalía nunha chea de formatos e estilos! En libro, en disco, en mochila, en carcasa de móbil, en camisola, en cunca, en chocolate, en billeteira, en caderno… Rosalía pop. Rosalía clásica. Rosalía rebelde!
Por iso, a través do portal de produtos en galego Agasallo.eu, a CTNL quere visibilizar especialmente esa Rosalía de tod@s, e para tod@s tamén a través de creacións propias e orixinais, a través de detalles e presentes, a través de agasallos como os que propoñen desde a empresa de creatividade Rei Zentolo, con mochilas, camisolas, cadernos, cuncas, billeteiras ou carcasas para móbil co rostro de Rosalía pop; ou como o chocolate acompañado de poemas rosalianos que propón a docería Fina Rei; ou como os múltiples discos que temos para escoitar a Rosalía en todos os estilos e para todos os gustos: no rap de Aid (Galaxia), nos sons propios de aCadaCanto no disco A rosa d’Adina, na música máis divertida e infantil do Rosalía pequeniña (Galaxia) de Uxía, nas voces de María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra en A miña primeira Rosalía (Xerais), na musicalización de Os ollos que falan, de Tempo Catro (AS-PG), nos ritmos de Najla Shami en Na lingua que eu falo (Galaxia).
Mira aquí as diversas propostas que hai relacionadas con Rosalía!
www.agasallo.eu
#EuSonRosalía
Unha chea de propostas coa nosa poeta e icona nacional como protagonista
ROSALÍA PARA LER, ESCOITAR, SABOREAR OU LUCIR
Un libro en galego e unha flor. Iso, ou calquera outra cousa relacionada coa nosa poeta nacional, é o que, tal e como promove a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), tamén animan a agasallar desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) o 24 de febreiro, Día de Rosalía, a través da plataforma Agasallo.eu, de propostas de regalos en galego.