Un verán de lecer. Propostas culturais dos SNL de Bergantiños e Soneira

Os servizos de normalización lingüística dos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas editaron Un verán de lecer, unha guía de recomendacións de lectura e música para o verán que xa editou o ano pasado o SNL de Zas

Na edición e difusión desta publicación colaboraron tamén os equipos de normalización lingüística (EDNL) dos centros de ensino dos concellos participantes e a Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.

A publicación recolle unha serie de recomendacións literarias, musicais e audiovisuais en lingua galega clasificadas por idades, co obxectivo de que se coñeza a oferta existente en creacións culturais en lingua galega.

Editáronse un total de 8.000 exemplares que se repartirán nos centros de ensino e nos servizos de normalización lingüística das comarcas da Terra de Soneira e Bergantiños e nos SNL dos concellos da provincia.

Podes descargar a guía Un verán de lecer en nesta ligazón (PDF).

Ademais desta guía, os servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas veñen desenvolvendo desde hai meses diversas accións conxuntas e en colaboración, como a xestión e organizadión do IV Encontro de Política Lingüística desde as administracións locais da Coruña (promovido pola Deputación da Coruña), a elaboración e difusión cartas aos Reis, a xestión e organización da IV Festa da Lingua, a guía de enderezos de internet Os meus favoritos ou a organización, xestión e difusión conxunta e coordinada dos cursos preparatorios para as probas Celga.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio