O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Zas, en colaboración cos Equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros de ensino do municipio, editou unha guía de produtos culturais en lingua galega.
Un verán de lecer, que é o título da publicación, recolle unha serie de recomendacións literarias, musicais e audiovisuais en lingua galega clasificadas por idades, co obxectivo de que os potenciais consumidores coñezan a oferta existente en produtos culturais en lingua galega.
O SNL de Zas repartiu 700 exemplares das guías entre o alumnado dos centros de ensino do municipio e en espazos como a Biblioteca ou a Casa do Concello.
Un verán de lecer. Guía de produtos culturais en lingua galega (PDF)
Un verán de lecer. Guía de produtos culturais en galego do SNL de Zas
Un verán de lecer é o título da guía de produtos culturais que editou o SNL de Zas e que recolle recomendacións literarias, musicais e audiovisuais en lingua galega clasificadas por idades, co obxectivo de difudir a oferta existente en produtos culturais en galego