Esta ano o Concello da Coruña, desde a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística e en colaboración coa Deputación da Coruña e os concellos da Laracha e Carballo, organiza a Escola de Nadal «Un Nadal de viaxe polo mundo», que é un espazo lúdico-educativo no que participarán 75 nenas/os de entre 9 e 12 anos da Coruña e da comarca de Bergantiños e no que, mediante xogos cooperativos, se traballará sobre a arte, a identidade, a diversidade, a creación, a participación, etc. A promoción e o uso do galego e a convivencia entre nenas/os da Coruña e da comarca de Bergantiños serán o eixo de unión desta actividade.
Esta escola de Nadal terá lugar durante os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro na cidade da Coruña.
Ao mesmo tempo, o Concello de Fene tamén desenvolverá unha escola de Nadal de características moi semellantes.
Outros concellos e outras entidades tamén aproveitan para difundir cartas a Papá Noel e os Reis Magos que incentivan e facilitan que os nenos e as nenas as redacten en galego. Tamén hai algúns que distribúen nos comercios etiquetas adhesivas en galego para os agasallos e outros materiais propios destas festas.
Algúns exemplos de materiais en ligazóns.
Un Nadal en galego
O Nadal é unha época que algúns concellos e outras entidades aproveitan para a promoción social do uso da lingua galega.