Trátase dunha pequena escolma de libros divididos por áreas (novela, teatro, poesía, xuvenil, primeiros lectores, ensaio), de música e de DVD cuxo fío condutor é a súa calidade e teren o galego como lingua.
Esta guía pode descargarse dende o web municipal ou dende o blogue do SNL do Concello de Cerceda.
Un Nadal de agasallos. Un Nadal en galego
O Servizo de Normalización do Concello de Cerceda presentou esta semana unha guía de agasallos para realizar nestas datas baixo o título "Un Nadal de agasallos. Un Nadal en galego"