Un mar de viñetas é un programa de dinamización lingüística do SNL de Vigo que inclúe obradoiros de banda deseñada para escolares, que se desenvolven ata o 30 de abril, en horario escolar, en diferentes centros educativos de Vigo.
En total, a proposta inclúe 30 sesións, das que 18 teñen lugar en centros de ensino de primaria e 12 en centros de ensino de secundaria.
Os autores que levan a cabo estes obradoiros para escolares son Kiko da Silva, Norberto Fernández, Fran Bueno, Fernando Iglesias e Jacobo Fernández.
“Un mar de viñetas” tamén inclúe obradoiros dirixidos ao profesorado, que se desenvolven no Museo Marco ata o día 23 de abril, de 18 a 20 horas. Ademais do creador Kiko da Silva tamén participan Fran Bueno, Jacobo Fernández e Fernando Iglesias. Xa en xullo este programa ten previsto celebrar unha exposición de banda deseñada.
Un mar de viñetas. Para potenciar o galego dun xeito atractivo en Vigo
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo promove "Un mar de viñetas", un programa de dinamización que pretende favorecer o achegamento dos mozos e mozas á lectura en galego empregando a banda deseñada como ferramenta didáctica