Un “kit” coas ferramentas básicas para a normalización lingüística xuntas e ordenadas

Información básica para ter en conta antes de intervir, un decálogo de boas prácticas, información para traballar en rede ou materiais e información para a formación continua. Estas son algunhas das cousas que contén o actualizado “Kit para a normalización lingüística” que nos ofrece o Consello da Cultura Galega

Que traballamos nun servizo de normalización lingüística, nun equipo dun centro de ensino ou nunha asociación para o fomento da lingua? Pois, para podermos intervir, planificar e desenvolver mellor as accións para o incremento do uso e prestixio do galego, podemos acudir ao Kit para a normalización lingüística.

Para antes de intervir ofrécenos unha completa bibliografía de referencia, a normativa legal a diferentes niveis e os datos sociolingüísticos que hai recollidos e analizados.

Para coñecermos experiencias e cousas que xa se fixeron, ofrécenos un decálogo de boas prácticas, no que se presentan e analizan múltiples accións desenvolvidas desde SNL, ENDL ou asociacións atendendo a criterios como eficiencia, impacto, visibilidade, innovación, etc.

Para poñernos a traballar, facilítanos facelo en rede, para o que nos achega datos e información sobre entidades nunha completa guía da lingua.

E para seguir sempre aprendendo, pois o kit compila materiais formaticos de cursos e xornadas, e facilítanos unha completa selección de recursos como dicionarios, léxicos, modelos de documentos ou webs de referencia.

E todo isto, sempre en dous niveis, un máis básico e outro máis avanzado.

Este kit non só é unha ferramenta imprescindible, senón que compila as diferentes ferramentas imprescindibles para facilitar o traballo en normalización lingüística.

Foi elaborado polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega.

Témolo en http://kit.consellodacultura.gal/

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio