Un informe elaborado por un grupo de 60 xuíces e xuízas, avogados/as e expertos/as en dereito, conclúe que as bases do decreto da Xunta transgriden o marco legal vixente

Un grupo de máis de 60 xuristas, entre os que hai xuíces e xuízas, decanos de colexios de avogados/as, catedráticos/as e profesores/as de dereito, fiscais, etc., elaborou unha análise xurídica das "Bases para o decreto do plurilingüismo", nas que se conclúe, entre outras cousas, que "os dereitos fundamentais non se poden someter a votación" ou que a proposta "transgride o cadro legal"

Na presentación en conferencia de prensa deste informe, o equipo de xuristas advertiu que “as Bases para o decreto do Plurilingüismo poden ser inconstitucionais”, e que “os dereitos fundamentais non se poden someter a votación”, en referencia á pretensión do goberno de que os pais e nais elixan a lingua de varias materias.

As principais conclusións deste informe (.pdf) son:

1. Os dereitos fundamentais non se poden someter a votación. Do dereito fundamental á educación non se deriva a existencia dun dereito de elección lingüística

2. A regulación dos horarios de ensinanza das e nas linguas oficiais ten que conseguir a plena competencia nas dúas linguas oficiais. Non é unha cuestión de horarios, senón de resultados. O uso como lingua vehicular noutras materias potencia a plena competencia

3. O tratamento das linguas oficiais e de linguas estranxeiras non pode ser equiparado de xeito xeralizado e obrigatorio no ámbito educativo

4. A Carta europea de linguas rexionais e minoritarias é unha norma do ordenamento interno cuxos mandatos teñen que ser respectados

5. O Estatuto e a lexislación autonómica fixan cal é a lingua propia da Administración. A liberdade de opción lingüística dos cidadáns e cidadás non se aplica a educadores/as e estudantes


A listaxe de xuristas que asinan este informe inclúese no propio documento en .pdf

FOTE: A Nosa Terra
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio