O peche da súa anterior hospedaxe (Canalciencia.com) provocou esta mudanza a un novo espazo da páxina web do SNL da USC. Esta noticia coincide coa aparición dunha nova precisión, onde se critica unha recomendación do Dicionario ES-GL da Real Academia Galega, na que se identifica o castelán “pesticida” co galego “insecticida”.
O espazo, mantido por Xusto A. Rodríguez Río, irá incorporando progresivamente todos os contidos que até o de agora se podían consultar en Canalciencia.com, aínda que seguirán tamén alí durante varios meses.
Un idioma preciso muda de enderezo
O proxecto “Un idioma preciso”, o sitio web de referencia para o debate arredor da terminoloxía científica galega, muda de aloxamento para pasar a formar parte do web do Servizo de Normalización Lingüística da USC