Un ano máis, o noso Nadal, galego e verde

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG) presenta, un ano máis, a guía "O noso Nadal, galego e verde", para animar a cidadanía a vivir un Nadal en galego, solidario e respectuoso co medio. A guía inclúe textos de diversas persoas relacionadas coa lingua, a cultura ou o medio; recomendacións para agasallar produtos culturais en galego; menús tradicionais, etc.

Coa edición da guía O noso Nadal, galego e verde o CXG pretende animar a todas as persoas a vivir un Nadal propio, autóctono e a gozar destas datas, xunto coa xente que queremos, respectando o medio e as tradicións, porque Galiza é unha terra hospitalaria, amigábel, galega e verde grazas ás súas xentes que século tras século souberon gozar da súa terra dun xeito san e natural, respectando as súas orixes e peculiaridades.

A guía consta de dúas partes diferenciadas: a guía de galego e a guía verde.

A parte de galego contén artigos de Séchu Sende, Paula Carballeira, Marcus Fernández e o equipo responsable do proxecto Orella Pendella. Ademais, inclúe unha serie de recomendacións para agasallar produtos culturais en galego e información sobre diferentes roteiros literarios.

A parte verde contén artigos de María Carmen Fidalgo (Amarante), Juan Marcos Pérez Gulín (Fundación Galicia Sustentable), Xosé María García Villaverde (Verdegaia), Rebeca Carreiro (Amigos da Terra) e Adrián Serantes (proxecto Xanela aberta). Ademais, inclúe información sobre As termas de Bande, un lugar de interese.

A guía tamén inclúe dous menús tradicionais completos para degustar nestas festas (menú 1: coliflor con bacallau, carne asada e anguía de mazapán; menú 2: sopa de allo, ollomol ao forno e compota de mazá e pera ao viño tinto), elaborados por Marta Xen, e un menú vexetariano (cebolas asadas con queixo de cabra, berenxenas recheas e torta de mazás e noces).

O noso Nadal, galego e verde, pode descargarse en .pdf aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio