VERÁN LINGUA

Tres cursos de verán analizan os desafíos da lingua galega, o seu uso nas redes sociais e os recursos dixitais para as humanidades

As universidades de Santiago de Compostela e da Coruña organizan tres cursos de verán que analizarán a situación da lingua galega, o seu uso nas redes sociais e o emprego das tecnoloxías dixitais no ámbito das humanidades. Terán lugar no mes de xullo en Ribeira, Carballo e Santiago de Compostela.

A lingua galega no século XXI: desafíos e fronteiras

  • Curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela, coa colaboración do Concello de Ribeira
  • Dirección: Xosé Luís Regueira (USC) e Henrique Monteagudo (USC)
    Secretaría: Noelia García (USC) e Alicia Padín (Concello de Ribeira)
    Lugar de celebración: Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira (A Coruña)
    Datas: 8, 9 e 10 de xullo
    Prazo de inscrición: até o 28 de xuño
    Prezo de matrícula: 70 € (taxa ordinaria) / 40 € (taxa reducida)
  • Información completa aquí.

XVII Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística. Traballando en Lingua nas Redes Sociais

  • Curso de verán da Universidade da Coruña, coa colaboración do Concello de Carballo e da Secretaría Xeral de Política Lingüística
  • Dirección: Xosé Manual Sánchez Rei (UdC)
    Secretaría: Marisol Ríos Noya (UdC)
    Lugar de celebración: Pazo da Cultura, rúa do Pan, s/n, 15100 Carballo (A Coruña)
    Datas: 16 e 17 de xullo
    Prazo de inscrición: até o 11 de xullo
    Prezo de matrícula: 50 € (taxa ordinaria) / 30 € (taxa reducida)
  • Información completa aquí.

Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos

  • Curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela, organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co CiTIUS
  • Dirección: María Álvarez de la Granja (USC) e Elisa Fernández Rei (USC)
    Secretaría: Marcos García (USC) e Vítor Míguez (USC)
    Lugar de celebración: Aula C01 da Facultade de Filoloxía (USC)
    Datas: 15, 16, 17 e 18 de xullo
    Prazo de inscrición: até o 5 de xullo
    Prezo de matrícula: 120 € (taxa ordinaria) / 70 € (taxa reducida)
  • Información completa aquí e aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio