Tes unha idea para fomentar o galego? Pois pode ter premio!

Tes unha boa idea para o fomento do galego? Anímaste a deseñar unha campaña de normalización? Pois se es membro da universidade, a túa proposta pode ter premio! O Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras chega á XII edición e outorga 1.200 euros á mellor campaña de normalización e 800 euros á mellor idea para a promoción do galego

O XII Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras está convocado polos servizos de normalización lingüística (SNL) das tres universidade galegas e nel pode participar calquera membro da universidade, ben a título individual, ben en equipo, como comisións de normalización, organizacións estudantís, etc.

MODALIDADES

O premio conta con dúas modalidades, cada unha cun premio diferente

-CAMPAÑA NORMALIZADORA: deseño dunha campaña que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario. A proposta deberá conter un punto de partida, os obxectivos que se perseguen, a metodoloxía que se vai empregar, as actividades que se pretenden desenvolver, a planificación temporal, as persoas implicadas e as que implica, a estimación orzamentaria, etc.

O premio: 1.200 euros

-IDEA PARA A PROMOCIÓN DO GALEGO: idea que explique razoadamente unha proposta que teña por obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario.

O premio: 800 euros

PARTICIPANTES

O concurso está dirixido a todos os membros da comunidade universitaria galega (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo), así como aos seus respectivos centros adscritos.

Poderanse presentar todas aquelas persoas que o desexaren de xeito individual ou en grupos. Coa constitución de equipos preténdese favorecer a participación dos colectivos que teñen entre os seus obxectivos pular pola normalización do galego, como as comisións de normalización lingüística, as asociacións estudantís, etc.

PRAZO

Para a presentación de proxectos hai de prazo até o 4 de novembro de 2015 (ás 14.00 h).

Bases e información completa aquí >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio