“Tes dereito a unha atención en galego”, nova campaña da Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística e o Concello de Ames veñen de presentar a campaña “Tes dereito a unha atención en galego”, co obxectivo de dar a coñecer á cidadanía o seu dereito a ser atendida oralmente en galego en calquera administración ou empresa pública, tanto presencialmente como nas xestións a través do teléfono.

O Concello de Ames é o primeiro en pór en marcha esta campaña, que se vai estender a outras administracións nas vindeiras semanas. O Concello vai difundir 3.000 folletos nas distintas oficinas desta administración local sobre a campaña.

Pode consultar máis información sobre a campaña nesta ligazón
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio