Terceira edición do programa “O galego medra contigo”

O 24 de abril arranca a campaña O galego medra contigo!, promovida pola Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística e o Servizo de Normalización do Concello da Coruña. O fío condutor deste ano é o libro titulado Paula e as palabras que levou o vento, de Xosé Carlos Cermeño

O programa inclúe as actividades seguintes:



  • Contacontos e xogos no Obradoiro lúdico das palabras en seis barrios da cidade


  • Espectáculo musical infantil Cancións para Antía nos CEIP María Pita, Salgado Torres e Emilia Pardo Bazán


  • Coñece a… Briteiro, O Castrexo nos CEIP Manuel Murguía, Raquel Camacho e Alborada


  • Coñece a… Rosalía de Castro no CEIP Sanjurjo de Carricarte


  • En galego, por que non?, charla de Manuel Núñez Singala, director do Servizo de Normalización da Universidade de Santiago, nos IES Paseo das Pontes e Monte das Moas, e no CIFP Ánxel Casal


  • A enfermidade da lingua, representación teatral a cargo da Asociación Cultural Manicómicos nos IES Paseo das Pontes e Monte das Moas


  • Exposición Castelao e Nós en diferentes centros educativos da cidade


  • Exposición A historia de Galicia na Casa da Auga (rúa Manuel Murguía, s/n), do 18 ao 30 de maio




Podes descargar o programa de actividades nesta ligazón.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio