Terceira edición do Curso de blogs e ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística, en novembro na Coruña

Despois das dúas exitosas edicións que tiveron lugar en Santiago de Compostela, a CTNL organiza na Coruña unha terceira edición do Curso de blogs e ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística que terá lugar os días 10, 11 e 24 novembro. O prazo de inscrición estará aberto até o 30 de outubro

Curso de blogs e ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística

Convocatoria completa en .pdf >

Obxectivos xerais

-Analizar as posibilidades e vantaxes que poden ofrecer os blogs e outras ferramentas multimedia básicas para o traballo en normalización lingüística

-Coñecer as vantaxes dos blogs para a publicación de materiais, para o traballo colaborativo, para a optimización de recursos, para a difusión de accións, etc.

-Potenciar o uso das novas tecnoloxías, da web 2.0, a difusión de accións a través da rede e o traballo colaborativo en internet

-Que as persoas participantes aprendan a crear e xestionar blogs, a integrar nel outras ferrametnas, e a aproveitar as súas potencialidades para o traballo en normalización lingüística

Contidos

-A blogosfera e o blogomillo: os blogs como ferramenta para a normalización lingüística. Exemplos.

-Principais sistemas para xestionar blogs: a Blogoteca (www.blogoteca.com) e a Blogaliza (www.blogaliza.org). Vantaxes e principais características

-Manexo dun blog na Blogoteca e en Blogaliza

-Configuración xeral dun blog. Edición de entradas, de páxinas dinámicas e de páxinas estáticas. Etiquetas e categorías. Control de usuarios/as. Xestión de comentarios. Utilidades. Deseño e engadidos.

-Integración de contidos no blog:

>Fotos: aloxamento (Flickr, Picasa)

>Presentacións e documentos (Google Docs, Slideshare, Scribd)

>Son e podcast

>Vídeo

-Redes sociais e difusión de contidos

-A RSS: a sindicación de contidos

Profesorado

-Olga Patiño Abeixón

Mestra e dinamizadora sociolingüística. Ten traballado en diversos proxectos formativos relacionados coa didáctica, a dinamización e as novas tecnoloxías

-Iván Méndez López

Técnico de normalización lingüística. Ten traballado en proxectos relacionados co software libre e noutras experiencias de normalización lingüística na rede

Datas e horarios

-Mércores 10 de novembro de 16.30 h a 20.30 h

-Xoves 11 de novembro de 10.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 20.30 h

-Mércores 24 de novembro de 16.30 h a 20.30 h

Duración

-20 horas (16 horas presenciais e 4 de traballo non presencial)

Persoas destinatarias

-Traballadoras de servizos de normalización lingüística

-Traballadoras de empresas, asociacións e outras entidades que traballan pola normalización da lingua

-Persoas interesadas en traballar en normalización da lingua

Procedemento, calendario de inscrición e límite de prazas

-Inscrición: a través do formulario habilitado para o efecto dentro dos prazos de inscrición

-Límite de prazas: 18

Dado que o número de prazas está limitado a 18, terán preferencia, en primeiro lugar, os/as socios/as da CTNL e, a continuación, os/as técnicos/as de entidades que formen parte da Rede de Dinamización Lingüística. Despois disto, respectarase a orde de inscrición.

Non se pode pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.

As persoas incluídas nesa listaxe de admitidas deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL en Caixa Galicia número 2091-0377-74-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Curso blogs”.

Se unha persoa está na listaxe de admitidas e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así poder incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.

Calendario de inscrición

-Prazo de solicitude de participación no curso: desde o 26/10/2010 ás 10.00 h até o 30/10/2010 ás 24.00 h

-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 2/11/2010 ao longo da mañá

-Prazo para facer o ingreso de matrícula: 5/11/2010

-Datas do curso: 10, 11 e 24 de 2010

Cota de inscrición

-Socias/os da CTNL: 30 euros

-Estudantes, bolseiras/os e desempregadas/os (non socias/os): 40 euros

-Non socias/os da CTNL: 100 euros

Certificado de asistencia

-Para obter o certificado de asistencia hai que participar en, cando menos, o 80% das horas totais do curso

ORGANIZA

Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

COLABORAN

Universidade da Coruña

Rede de Dinamización Lingüística

Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio