Para vivir un Nadal en galego diríxese aos comerciantes da cidade co fin de facelos partícipes da extensión da nosa lingua no ámbito de traballo. Con este obxectivo repartiranse 8.000 etiquetas decorativas para adherir aos paquetes de agasallo. “Parabéns”, “Cos meus mellores desexos”, “Un bico forte” ou “De alguén que te quere” son algúns dos lemas dos adhesivos.
Tempo de Nadal en Compostela
A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela presentou no Pazo de Raxoi unha nova edición das campañas Carta aos Reis Magos e Para vivir un Nadal en galego, dirixidas a promover o uso do galego nos centros educativos e nos comercios.
A primeira campaña, Carta aos Reis Magos, achega aos centros escolares un modelo de carta en galego así como o material didáctico para realizala.