Témoslle lei: o galego no dereito. Curso de verán na USC

A USC organiza, no marco da campaña «Témoslle lei», un curso de verán co título O galego no dereito, no que se analizarán os dereitos lingüísticos e as obrigas dos poderes públicos en relación coa normalización lingüística. Terá lugar do 12 ao 14 de setembro. A matrícula, até o 2 de setembro

O curso de verán Témoslle lei: O galego no Dereito, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística e a Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, no marco da campaña Témoslle lei, diríxese a todas as persoas interesadas en coñeceren o alcance dos dereitos lingüísticos e as obrigas dos poderes públicos en relación coa normalización lingüística:

-Estudantes de Dereito e de Ciencias Políticas e da Administración

-Estudantes, profesionais e especialistas no ámbito das políticas lingüísticas: xuristas, sociolingüistas, técnicos das administracións, filólogos, sociólogos, politólogos…

-Membros de colectivos e asociacións en materia de lingua e normalización.

PROGRAMA

Luns 12 de setembro

9.00 Acollida e reparto de materiais

10.00 Inauguración

10.30-12.00 Os dereitos lingüísticos: unha perspectiva constitucional

-FRANCISCO CAAMAÑO, ministro de Xustiza

12.30-14.00 A protección das linguas e dos falantes: dereitos e deberes

-ALBA NOGUEIRA, profesora titular de Dereito Administrativo. Universidade de Santiago de Compostela

16.30-18.30 Mitos, prexuízos e datos sobre o galego e os usos lingüísticos

-MANUEL NÚÑEZ SINGALA, director do SNL da USC

-ISABEL VAQUERO, técnica do SNL da USC

19.00-20.30 Proxección

Martes 13 de setembro

10.00-11.30 A Administración de Xustiza e os dereitos lingüísticos

-LUCIANO VARELA, maxistrado do Tribunal Supremo

12.00-14.00 A normalización das oficinas xudiciais

-LUÍS VILLARES, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Euscadi

-DALILA DOPAZO, maxistrada do Xulgado de Santa Coloma de Gramenet

16.30-18.30 O exercicio do Dereito e a cooficialidade

-EVARISTO NOGUEIRA, decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

-XAQUÍN MONTEAGUDO, secretario do Concello de Outes

19.00-20.30 A regulación por omisión. As leis sen desenvolvemento

-XESÚS COSTAS, letrado xefe da Asesoría Xurídica do Concello de Vigo

Mércores 14 de setembro

10.00-12.00 A normalización lingüística dunha administración

-DANIEL ROMERO, técnico de normalización lingüística. Concello de Fene

-ANTONIO LÓPEZ, conselleiro do Consello de Contas de Galicia

12.30-14.00 Os modelos de normalización da lingua de Euskadi e Cataluña

-EVA PONS PARERA, profesora titular de Dereito Constitucional. Universitat de Barcelona

-ÍÑIGO URRUTIA LIBARONA, catedrático de Dereito Administrativo. Euskal Herriko Unibertsitatea

16.30-18.00 As vías de protección dos dereitos lingüísticos da cidadanía

-IÑAKI LASAGABASTER, catedrático de Dereito Administrativo. Euskal Herriko Unibertsitatea

18.30-20.00 Os empregados públicos: dereitos e deberes lingüísticos

-MARCOS ALMEIDA CERREDA, profesor contratado doutor de Dereito Administrativo. Universidade de Santiago de Compostela

20.00-20.30 Conclusións e clausura do curso

-TERESA CONDE-PUMPIDO, presidenta do Consello Consultivo de Galicia

MATRÍCULA E RECOÑECEMENTO

A matrícula farase a través do web de Cursos de Verán da USC ou presencialmente nas secretarías de Cursos de Verán de Compostela e Lugo. O prazo de matrícula remata o 2 de setembro.

O importe da matrícula é de 70 € en xeral e de 40 € para estudantes de calquera universidade ou de estudos de formación profesional, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC.

Información completa aquí >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio