Xornadas de formación para avaliadores/as dos Celga
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela organizan as Xornadas de Formación de Avaliadores do Celga.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela organizan as Xornadas de Formación de Avaliadores do Celga.
No BOP da Coruña do 31 de outubro de 2007 están publicadas as bases da convocatoria para a contratación temporal dun técnico ou dunha técnica de normalización lingüística no Concello de Boimorto mentres non se cree a praza e se cubra en propiedade definitivamente.
No DOG do martes 30 de outubro publícase a Orde pola que se convocan as probas de habilitación profesional para a tradución e a interpretación xurada, directa e inversa, dos seguintes pares de linguas: galego-castelán, galego-éuscaro, galego-catalán, galego-portugués, galego-francés, galego-inglés, galego-alemán, galego-romanés.
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña pretende con estas I Xornadas sobre a normalización da lingua e a cultura no ámbito da educación promover a reflexión e o debate sobre as posibilidades e limitacións que no momento actual e no ámbito educativo presentan os procesos de normalización lingüística.
28 de novembro de 2007
Pazo de Mariñán
O Concello da Coruña quere contratar con carácter urxente e temporal un técnico ou unha técnica de normalización lingüística. Para iso, están pedindo currículos de licenciados/as en Filoloxía Galega a través do Servizo Galego de Colocación. Entón, as persoas interesadas deben estar inscritas como demandantes de emprego e deben dirixirse o máis axiña posíbel a ese SGC para indicar que están interesadas na oferta do Concello da Coruña e solicitar que se lle envíe o currículo.

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

Kit para a normalización en rede