Máis alá

A favor

OPINIÓN: por Nel Vidal

En moitas ocasións, os movementos e as persoas que nos preocupamos e que traballamos a favor do galego transmitimos unha certa –e ás veces case inevitábel– actitude negativa, pesimista ou demasiado polemicista. E, claro, na práctica iso non ten un gran poder de atracción nin convicción…

Normalizar dende un SNL

OPINIÓN: por Marta Souto

Ao me propoñer un artigo sobre o labor normalizador dende e nunha cidade, a través dun servizo de normalización lingüística (SNL), foi moito o que me veu a cabeza , ao cabo moito é o tempo neste servizo e abondas experiencias –positivas e negativas– que se van acumulando. Podería, mais axiña o rexeitei, falar sobre funcións, actividade, lexislación, orzamentos…

Un par de orfas

OPINIÓN: por Isabel Vaquero

Mal podían imaxinar as mulleres e os homes do Seminario de Estudos Galegos, alá polos anos 20 e 30 do pasado século, que as súas dificultades para inaugurar unha cultura científica en galego ían verse empequenecidas, vistas na actualidade, pola presión dun dogma global de sentido común segundo o cal a lingua común neste terreo é o inglés.

Encher o depósito por 7 euros

OPINIÓN: por Nel Vidal

Se cadra tamén estivemos a fomentar a lingua por riba das nosas posibilidades, mais xa a acaban de poñer no seu sitio. Menos da oitava parte de medio punto. A dezaseteava parte do 1%. A metade dunha décima. Ese é o peso da lingua nos Orzamentos da Comunidade Autónoma. Aí está o peso que o goberno galego cre que lle hai que dedicar ao noso maior ben colectivo, ao noso maior símbolo de identidade. O 0,06%.

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio