“A esperanza de facer un traballo normalizador coordinado estaba posta na creación do Consorcio”. Entrevista a Xoán Sande
ENTREVISTA: por David Cobas Medín
Xoán Manuel Sande é o deputado provincial da Coruña responsable da Área de Benestar Social e Normalización Lingüística e concelleiro na oposición polo BNG no Concello da Laracha, lugar do que é natural. Desde esta posición amósanos un punto de vista interesante da relación entre lingua e política. Nesta entrevista falamos con el de normalización, centrándonos no traballo que se fai desde a Deputación da Coruña e das relacións que esta institución ten con outros organismos con responsabilidades normalizadoras.









