Presentación da campaña “Avogamos polo galego” e xornada “Xustiza e lingua, reflexións para a normalización”
O pasado día 8 tivo lugar a presentación da campaña Avogamos polo galego no salón de actos do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. Neste acto interviñeron o decano do propio colexio, D. Evaristo Nogueira Pol, xunto coa secretaria xeral de Política Lingüística, D.ª María Sol López Martínez. Ambos os dous destacaron, principalmente, a importancia de contribuír á normalización do idioma no ámbito da avogacía e a necesidade de ofrecer os medios necesarios para poder acadar este reto.







