Tres cursos de verán analizan os desafíos da lingua galega, o seu uso nas redes sociais e os recursos dixitais para as humanidades
As universidades de Santiago de Compostela e da Coruña organizan tres cursos de verán que analizarán a situación da lingua galega, o seu uso nas redes sociais e o emprego das tecnoloxías dixitais no ámbito das humanidades. Terán lugar no mes de xullo en Ribeira, Carballo e Santiago de Compostela.









