O Concello da Coruña busca técnico/a de normalización lingüística
O Concello da Coruña quere contratar con carácter urxente e temporal un técnico ou unha técnica de normalización lingüística. Para iso, están pedindo currículos de licenciados/as en Filoloxía Galega a través do Servizo Galego de Colocación. Entón, as persoas interesadas deben estar inscritas como demandantes de emprego e deben dirixirse o máis axiña posíbel a ese SGC para indicar que están interesadas na oferta do Concello da Coruña e solicitar que se lle envíe o currículo.









