Boletíns
[248] Coñeces Agasallo.eu? É para recomendar e dar ideas de regalos en galego… Difúndeo!
Coñeces www.agasallo.eu? Como ves, é unha plataforma web de propostas de regalos de todo tipo e para todas as idades, coa característica común de que todos son en galego. Axúdasnos a difundila?
[247] LGx15: Charlas, música e humor para o futuro da lingua. O mércores 25 de novembro na Sala Capitol de Compostela
Seis persoas terán un máximo de 15 minutos para, de maneira visual, tratar diversos temas relacionados co futuro da lingua. Serán Xurxo Mariño, Lara Tigre, Luís Iglesia, Xosé Lois Vilar, Carmen Grimaldi e Manuel N. Singala. E, intercaladamente, tamén haberá música e humor da man de Lucía Aldao e María Lado, Xenderal e Alba María. As entradas anticipadas xa están á venda por 6 euros
[246] Convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña para servizos de normalización lingüística
A Deputación da Coruña convoca axudas económicas para a creación, mantemento e reforzamento de servizos de normalización lingüística (SNL) nos concellos da provincia de 7.000 ou máis habitantes ou agrupacións que cheguen a esa cifra. O prazo de solicitude está aberto até o 18 de decembro
[245] Encontro de política lingüística municipal. 16 de novembro en Compostela
Actualizar o entusiasmo e activar colaborativamente a implicación dos concellos no fomento do galego son os principais obxectivos do Encontro de política lingüística municipal que terá lugar o luns 16 de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, e no que nos gustaría contar contigo
[244] Que non che pase o prazo do Obradoiro de redes sociais!
Desde a CTNL convocamos dúas edicións dun obradoiro para aproveitarmos máis e mellor as redes sociais para a normalización lingüística. Terán lugar en Pontevedra (o martes 20 de outubro) e en Santiago de Compostela (o xoves 22 de outubro), e o prazo de inscrición está aberto até o día 8 deste mes. As prazas, claro, son limitadas…

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

Kit para a normalización en rede