Subvencións para proxectos audiovisuais e para proxectos interactivos en lingua galega

A Agadic convoca axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais e mais para o desenvolvemento e produción de contidos interactivos en lingua galega. O prazo de solicitude é dun mes, contado a partir das correspondentes convocatorias no DOG

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publicou, no DOG do 31 de marzo, axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega, coas que se pretende fomentar unha das fases esenciais da produción audiovisual, como é a da selección da historia e a posta a punto dos aspectos orzamentarios e de guión.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de abril.

Por outra banda, tamén a Agadic publicou, no DOG do 6 de abril, axudas para o desenvolvemento e produción de contidos interactivos en lingua galega.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 6 de maio.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio