Subvencións da Deputación da Coruña para creación, reforzo e mantemento de SNL en 2022

A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 28 de decembro de 2021 as bases do programa de axudas para a creación, mantemento e reforzo de servizos de normalización lingüística nas entidades locais durante o ano 2022.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán solicitar esta subvención concellos da provincia da Coruña de 5.000 ou máis habitantes ou agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais que, entre eles, cheguen ao mesmo número mínimo de habitantes.

MODALIDADES DE AXUDAS:

A convocatoria establece tres modalidades de axudas:

creación de novos servizos de normalización lingüística

mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes

reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes (única modalidade a que poden concorrer as cidades da provincia: A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela). Neste caso, o persoal de reforzo deberá dedicarse a labores de dinamización sociolingüística.

IMPORTE DAS AXUDAS

As axudas servirán para financiar as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística (SNL).

O importe total do crédito consignado (500.000 euros) distribuirase a partes iguais entre as entidades beneficiarias, que recibirán unha cantidade fixa de 15.000 euros se a contratación se produce durante todo ano e a xornada completa. O importe reducirase en proporción á xornada desenvolvida polo persoal.

FORMA E PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes iniciase o día seguinte da publicación no BOP do extracto da convocatoria segundo a remisión da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). Este extracto foi publicado no BOP do 5 de xaneiro e establece que o prazo está aberto do 5 ao 31 de xaneiro ás 14.00 h.

As solicitudes presentaranse telematicamente na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL).

Así mesmo, na base 9.1 tamén se especifica o prazo de xustificación das subvencións unha vez concedidas: até as 14:00 horas do 30 de marzo de 2023.

Información máis detallada:

– nas bases específicas reguladoras desta convocatoria, en .pdf (BOP do 28 de decembro de 2021)

– respecto do prazo, no extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 4 de xaneiro de 2022)

ADDENDAS

Resolución provisional das axudas, en .pdf (BOP da Coruña do 30 de marzo de 2022)

Resolución definitiva das axudas, en .pdf (BOP da Coruña do 19 de maio de 2022)
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio