Subvencións a asociacións para a promoción do galego en Vigo

O Concello de Vigo convoca axudas económicas destinadas a organizacións sen ánimo de lucro para a realización de accións de cara ao fomento do uso e coñecemento do galego no ámbito asociativo durante o ano 2010. O prazo de solicitude remata o 19 de xullo

OBXECTO DA SUBVENCIÓN: Contribuír a financiar as actuacións cuxa finalidade principal é estender o uso social da lingua galega no sector asociativo no ámbito territorial do Concello de Vigo.

CONTÍAS: A contía que o Concello de Vigo lle dedica a esta convocatoria é de 12.000 €. O importe máximo por entidade é de 2.000 €.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria.

CONVOCATORIA E BASES COMPLETAS: BOP de Pontevedra do 29 de xuño de 2010

Bases completas en .pdf aquí >
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio