Subtitulosengalego.com, para ver pelis na rede en versión orixinal cos subtítulos en galego

Subtítulosengalego.com é un proxecto que ten como obxectivo introducir o idioma galego no ámbito do audiovisual internacional, e que pon ao dispor do público os subtítulos en galego de diferentes series, documentais e filmes de referencia a nivel internacional

Este é un proxecto de dous estudantes de 1º curso do Grao de Enxeñaría Informática da USC, Miguel Ángel Lago e Pablo Salgado.

No web www.subtitulosengalego.com poñen ao dispor do público os subtítulos en galego de diferentes series, documentais e filmes de referencia a nivel internacional, ofrecéndonos a posibilidade de escoitalos na súa versión orixinal.

Irán incorporando novos produtos, mais agora xa se poden ver, por exemplo, filmes como Avatar, O Padriño, Cisne Negro, etc., ou series como Padre Made In USA, House, Modern Family, The Wire, Padre de familia, South Park, etc.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio