A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela convoca o certame “Somos a curta!”, dirixido a premiar a mellor peza audiovisual curta de comedia en galego presentada por calquera alumno/a ou grupo de alumnos/as das universidades galegas, das titulacións impartidas nas escolas oficiais de Imaxe e Son ou da titulación de bacharelato artístico de calquera dos institutos de educación secundaria de Galicia.
O prazo para presentar as propostas remata o día 25 de novembro de 2011. As pezas presentadas ao concurso exhibiranse ao público nunha gala, que se celebrará na Facultade de Ciencias da Comunicación o 14 de decembro de 2011.
Un xurado decidirá e outorgará o premio do certame, dotado con 600 euros e diploma honorífico.
Os obxectivos con que convoca este premio son:
-Promover o uso da lingua galega como vehículo para a creatividade dos novos valores do audiovisual galego.
-Premiar os dotes lingüísticos, técnicos, artísticos e humorísticos dos/as estudantes galegos/as.
-Gozar dunha xornada de humor na nosa lingua.
Trátase dunha proposta para a CNL da Liga Estudantil Galega da Facultade de Ciencias da Comunicación, que conta co apoio técnico do Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Máis info e bases completas>
Somos a curta! I Premio de curtametraxes de comedia
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC convoca o certame "Somos a curta!", dirixido a premiar a mellor peza audiovisual curta de comedia en galego presentada por alumnado de distintos ámbitos. O prazo remata o 25 de novembro