Simposio ILG 2020. Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas

O Instituto da Lingua Galega da USC, en colaboración co Consello da Cultura Galega, organiza o Simposio ILG 2020, que estará dedicado a “Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas”. O simposio terá lugar entre os días 8 e 25 de febreiro. O prazo de inscrición remata o 4 de febreiro de 2021.

O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela adiou ata o inicio deste ano 2021 o simposio que organiza anualmente sobre un tema de interese científico, en que se convida a intervir a investigadores/as das universidades galegas, da península, europeas ou americanas.

O Simposio ILG 2020 pon o foco nos procesos de estandarización, e leva por título Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas. Coma sempre, no centro do Simposio está o idioma galego, pero ofrécense referentes comparativos, tanto con linguas en situación subordinada ou en proceso de normalización, canto coas linguas da contorna máis próxima e cun parentesco máis estreito.

FORMATO DO SIMPOSIO

O simposio realizarase mediante intervencións gravadas e posteriores coloquios ou debates en liña, aínda que contará tamén con dúas sesións presenciais que terán lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e que serán transmitidas en directo.

As conferencias dos días 8, 10, 18 e 22 de febreiro serán gravadas e estarán dispoñibles uns días antes dos marcados para os coloquios, en que participarán as/os conferenciantes dous a dous. Os coloquios realizaranse mediante videconferencia.



As xornadas dos días 24 e 25 terán lugar presencialmente no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e serán transmitidas en directo.

INSCRICIÓN

A inscrición é gratuíta e faise a través deste formulario. O prazo de inscrición está aberto até o 4 de febreiro.

PROGRAMA

Luns 8 de febreiro, 19.00 h: coloquio/debate (en liña)

Joan Costa (Universitat Pompeu Fabra): El concepte de estàndard en l`estandardologia comparada

Carla Amorós (Universidad de Salamanca): Estandarización y des-estandarización: perspectivas emergentes sobre viejas cuestiones

Moderador: Henrique Monteagudo (Instituto da Lingua Galega-Universidade de Santiago de Compostela)

Mércores 10 de febreiro, 19.00 h: coloquio/debate (en liña)

Miren Azkarate (EHU-UPV): La estandarización del euskara: historia, situación y desafíos

Miquel Pradilla (Univ. Rovira i Virgili, Tarragona): La pluricentralitat de la llengua catalana: una reflexió necessària en un context de minorització

Moderadora: Rosario Álvarez Blanco (Instituto da Lingua Galega-Universidade de Santiago de Compostela)

Xoves 18 de febreiro, 19.00 h: coloquio/debate (en liña)

Xoán Lagares (Universidade Federal Fluminense): A organización dos espazos lingüísticos do español e do portugués: unha ollada comparativa

Fernando Venâncio (Universidade de Amsterdam): A estandarização do português: do passado ao presente

Moderador: Carlos Eduardo Deoclécio (UFF/USC/Ifes-Campus Vitória/CNPq)

Luns 22 de febreiro, 19.00 h: coloquio/debate (en liña)

Carlos Eduardo Deoclécio (UFF/USC/Ifes-Campus Vitória/CNPq): Mídia, norma linguística e purismo / Cenas no português brasileiro e no galego

Marcos Bagno (Universidade de Brasília): Insegurança linguística, hibridismo de normas e desigualdades sociais no Brasil

Moderador: Leandro Silveira de Araújo (Universidade Federal de Uberlândia)

Mércores 24 de febreiro, conferencias e coloquio/debate. Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e transmisión en directo

19.00-19.30 h: Gabriel Rei-Doval (Wisconsin University-Milwaukee): Estandarización do galego e purismo

19.30-20.00 h: Henrique Monteagudo (Instituto da Lingua Galega-Universidade de Santiago de Compostela): A estandarización do galego: vellos debates e novos horizontes

20.00-20.30 h: coloquio/debate

Moderador: Ernesto González Seoane (Instituto da Lingua Galega-Universidade de Santiago de Compostela)

Xoves 25 de febreiro, 19.00 h, mesa redonda A estandarización do galego: problemas e desafíos. Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e transmisión en directo

Xosé Luís Regueira (Instituto da Lingua Galega-Universidade de Santiago): O debate sobre a “autenticidade” e a identidade do galego estándar

Eduardo Maragoto (EOI-Santiago de Compostela): Padronização do galego e convergência com o português: a proposta da binormatividade

Fernando Ramallo (Universidade de Vigo): A estandarización do galego desde a perspectiva sociolingüística

Moderador: Henrique Monteagudo (Instituto da Lingua Galega-Universidade de Santiago de Compostela)

Máis información na páxina do simposio.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio