Simposio ILG 2016: Antroponimia e lexicografía

Do 24 ao 26 de outubro terá lugar en Santiago de Compostela o Simposio ILG 2016: Antroponimia e lexicografía. Está organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co Consello da Cultura Galega.

O simposio, cunha duración de 10 horas repartidas en sesións vespertinas do 24 ao 26 de outubro, terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía. O seu obxectivo é o estudo da antroponimia, principalmente en relación coa lexicografía e articúlase arredor de dous eixes principais. En primeiro lugar, presentaránselles a autores de dicionarios europeos de nomes ou apelidos cuestións comúns do tratamento lexicográfico da antroponimia.

No segundo dos eixes, trataranse temas específicos sobre os nomes e os apelidos galegos: a súa situación no século XVII, diversos fenómenos fonéticos ou morfolóxicos que os afectan especificamente, a dimensión simbólica que cobran nos usuarios e a cuestión da normalización social.

PROGRAMA

Luns, 24 de outubro

16.30. Apertura

17.00. Patrick Hanks (University of Wolverhampton/University of the West of England): “British and American dictionaries of surnames”

18.00. Dieter Kremer (Universität Trier/Leipzig): “Os dicionarios antroponímicos na Europa románica. Unha visión desde o PatRom”

19.00. Alda Rossebastiano (Università di Torino): “Dizionari antroponimici italiani: problemi e soluzioni”

Martes, 25 de outubro

17.00. Consuelo García Gallarín (Universidad Complutense de Madrid): “Del antropónimo al nombre común en la lexicografía”

18.00. Ana Boullón (Instituto da Lingua Galega-Universidade de Santiago de Compostela): “Estrutura do Dicionario dos apelidos galegos”

19.00. Gonzalo Navaza (Universidade de Vigo): “Particularidades fonéticas e morfolóxicas en apelidos galegos”

Mércores, 26 de outubro

17.00. Xosé Mª Lema (Real Academia Galega): “Os primeiros apelidos documentados dunha parroquia galega: Berdoias (séc. XVII)”

18.00. Luz Méndez (Instituto da Lingua Galega, Real Academia Galega): “Seseo, gheada e estandarización de apelidos”

19.00. Valentina Formoso (IES Félix Muriel, Rianxo) / Ana Iglesias (Universidade de Vigo): “Aproximación ao valor simbólico dos nomes e apelidos”

20.00. Clausura

Inscrición: 30€, ou 15€ para estudantes, desempregados e pensionistas. Inscricións abertas até o día 24 ás 12.00 h.

Máis información e inscrición, no web no Instituto da Lingua Galega.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio