Simposio ILG 2012 – Un galego común, fiel a si mesmo. Trinta anos de estandarización

O Instituto da Lingua Galega organiza un simposio sobre os trinta anos de estandarización do galego. Ten lugar os días 11, 13, 18, 19 e 20 de decembro en Santiago de Compostela. A inscrición está aberta ata o 11 de decembro

DATAS: 11, 13, 18, 19 e 20 de decembro

HORARIO: todos os días en horario de tarde, de 16.30 h a 20.30 h

LUGAR: aula 22 da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela

Información completa e inscrición, aquí >

PROGRAMA

11 de decembro

16:30 – 17:00 Inauguración. Ramón Villares (Presidente do Consello da Cultura Galega) / Rosario Álvarez (Directora do Instituto da Lingua Galega)

17:00 – 18:00 Conferencia 1: Antón Santamarina (ILG/USC – RAG): As normas ortográficas e morfolóxicas do ’82 e o estándar galego actual

18:30 – 19:30 Conferencia 2. Manuel González (ILG/USC – RAG): · As modificacións e reformas da norma do ’82. O VOLGa

19:30 – 20:30 Debate

13 de decembro

16:30 – 17:30 Conferencia 3. Francisco Cidrás (ILG/USC)· As Gramáticas e o estándar morfosintáctico

17:45 – 18:45 Conferencia 4. Xosé L. Regueira (ILG/USC – RAG)· A construción do estándar oral do galego

19:00 – 20:00 Mesa de debate 1. Ana I. Boullón (moderadora, USC): Xurxo Souto (cantante), Paulino Novo (TVG), Mabel Rivera (actriz)· Estándar e medios de comunicación: da corrección á naturalidade

20:00 – 20:30 Debate

18 de decembro

16:30 – 17:30 Conferencia 5. María Álvarez de la Granja (ILG /USC)· O coñecemento do vocabulario normativo galego. Unha aproximación a través do léxico dispoñible

17:45 – 18:45 Conferencia 6. Darío Xohán Cabana (escritor e tradutor, Real Academia Galega)· A lingua literaria, os dicionarios, a edición: corrección, adecuación e riqueza

18:45 – 20:00 Mesa de debate 2. Xosé A. Fernández Salgado (moderador, UVigo): Bieito Iglesias (escritor), Antón Dobao (TVG), Gonzalo Navaza (UVigo), Anxo Angueira (UVigo)· Alén do estándar: diversidade estilística e creación

20:00 – 20:30 Debate

19 de decembro

16:30 – 17:30 Conferencia 7. Xosé M. Gómez Clemente (Universidade de Vigo)· Neoloxía

17:45 – 18:45 Conferencia 8. Xusto R. Río (Servizo de Normalización Lingüística / USC)· Trinta anos de dicionarios e vocabularios técnicos

18:45 – 20:00 Mesa de debate 3. Nel Vidal (moderador, SNL / Concello de Carballo): Xermán García Cancela (Xunta de Galicia), Luz Méndez (TVG), Carlos Díaz Abraira (Parlamento de Galicia), Xavier Guinovart (UVigo), Susana Mayo Redondo (CDSG / Consello da Cultura Galega)· Servizos e recursos lingüísticos

20:00 – 20:30 Debate

20 de decembro

16:30 – 17:30 Conferencia 9. Miquel Pradilla (Universitat Rovira i Virgili / Instituto d’Estudis Catalans)· Debates e reformas recentes na ortografía e na norma do catalán

17:45 – 18:45 Conferencia 10. António Emiliano (Universidade Nova de Lisboa)· A reforma ortográfica do portugués

18:45 – 19:45 Conferencia 11. Xoán Lagares (Universidade Federal Fluminense, Niterói / Rio de Janeiro)· O debate normativo no Brasil

19:45 – 20:30 Debate

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio