Inscrición
Prezo: 30 € ordinaria. 15 € estudantes e desempregados/as.
Formulario de inscrición (.doc) >
Este formulario de inscrición, o xustificante de pagamento e o xustificante de desemprego ou de ser estudante débense enviar antes do 23 de outubro por correo electrónico ao enderezo malores@gmail.com.
Lugar
Salón de Graos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela
Programa do simposio
2 de novembro
16.30 h: Sesión de apertura.
17.00 h: Eva Gugenberger (Viena): Dende a interferencia ata a hibrididade: evolución terminolóxica e cambio de paradigma dentro da lingüística de contacto
18.45 h: Gabriel Rei-Doval (University of Wisconsin-Milwaukee): O purismo como ideoloxía lingüística no debate contemporáneo sobre a lingua galega.
19.45 h: Debate
3 de novembro
16.30 h: Belén López Meirama & María Álvarez de la Granja (USC): A presenza do galego no léxico dispoñible do español de Galicia.
17.45 h: Marta Negro Romero (ILG-USC): Contacto galego-castelán e cambio no léxico galego.
18.45 h: Bieito Silva (USC): Galego e castelán: entre o contacto e a converxencia.
19.45 h: Debate
4 de novembro
16.30 h: Francisco Dubert (ILG-USC): O contacto galego-castelán. Unha abordaxe preliminar.
17.45 h: Fernando Ramallo (UVigo): Na procura dun espazo: os neofalantes no contacto galego-castelán.
18.45 h: Ana Iglesias (UVigo): “Eu falo ghallegho do monte”.
19.45 h: Debate
8 de novembro
17.00 h: Manuela Barros (Investigadora do Centro de Linguística da Universidade de Lisboa): A fronteira entre galego e portugués. A perspectiva portuguesa.
18.45 h: Francisco Fernández Rei (ILG-USC): A fronteira entre galego e portugués. A perspectiva galega.
20.15 h: Debate
9 de novembro
17.00 h: Fernando Venâncio (Universidade de Amsterdam): O contacto português-castelhano nos séculos XVI-XVII.
18.45 h: Dante Lucchesi (Universidade Federal da Bahía): O contato de línguas e a origem do português brasileiro.
20.15 h: Debate
Información completa sobre o simposio >
Organizan: Instituto da Lingua Galega (ILG) e Consello da Cultura Galega
Simposio ILG 2010: Contacto de linguas, hibrididade, cambio
O Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC convoca unha nova edición do seu simposio anual. Desta volta terá lugar os días 2, 3, 4, 8 e 9 de novembro de 2010 e centrarase no contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias