Simposio ILG 2009: Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea

O Instituto da Lingua Galega, o Departamento de Ciencias da Comunicación da USC e o Consello da Cultura Galega organizan o simposio Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea, que terá lugar en Santiago de Compostela do 3 ao 11 de novembro de 2009.

Neste simposio diversos/as expertos/as en filoloxía, comunicación e historia analizarán a comunicación en lingua galega nos inicios da Idade Contemporánea. Así, algunhas das persoas participantes son Xosé Ramón Barreiro Fernández, Víctor F. Freixanes, Jaume Guillaumet, Javier Díaz Noci, Xosé Ramón Pousa, Xosé López, Rosa Aneiros, Henrique Monteagudo, Rosario Álvarez, Ernesto González Seoane, Carme Hermida, Ramón Mariño Paz ou Damián Suárez Vázquez.

As sesións terán lugar os días 3, 4, 5, 10 e 11 de novembro en horario de tarde.

Inscrición

A cota, única para todas as persoas asistentes, será de 30 euros, que deberán ser ingresados en concepto de “Cota Simposio ILG 2009”, na conta que a USC ten aberta no Banco Santander Central Hispano co número 0049-2584-90-2214002210. O formulario de inscrición, xunto co xustificante de pagamento, debe ser remitido ao ILG á atención de Ricardo Pichel (noitedume@hotmail.com).

O prazo de inscrición remata o 23 de outubro.

Sedes do simposio

Consello da Cultura Galega, Facultade de Ciencias da Comunicación (USC), Salón de Graos da Facultade de Filoloxía (USC).

PROGRAMA COMPLETO E MÁIS INFORMACIÓN

FORMULARIO DE INSCRICIÓN (.doc)
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio