Simposio ILG 2008: Toponimia e cartografía

Entre o 28 de outubro e o 6 de novembro terá lugar en Santiago de Compostela o Simposio ILG 2008: Toponimia e cartografía, organizado polo Instituto da Lingua Galega (USC), a Asociación Galega de Onomástica e o Consello da Cultura Galega.

Desde unha óptica multidisciplinar abordaranse neste simposio diferentes cuestións relacionadas coa investigación toponímica e coa análise cartográfica, e nel participarán expertos das universidades de Valencia, Deusto, León, Sevila, Alcalá, Torino ou Santiago de Compostela.

O simposio terá lugar na Facultade de Filoloxía da USC.

O prazo de inscrición remata o 25 de outubro, para o que se debe enviar o formulario cuberto ao enderezo electrónico maurodelito@hotmail.com.

Programa e máis información, premendo aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio