Sermos Galiza continúa presentándose e procurando apoios para crear un medio de comunicación en galego

Sermos Galiza, iniciativa que convoca a sociedade máis concienciada na procura dos apoios precisos para o lanzamento dun semanario en papel e dun diario dixital en galego, presentarase nos próximos días en Vigo, Santiago de Compostela, Ourense, Cambados e Ferrol

A iniciativa Sermos Galiza, continúa presentándose polo país na procura de apoios para a creación dun medio de comunicación en galego.

Os próximas actos de presentación son:

VIGO.- Quinta feira, 29 de outubro, ás 8 da tarde, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa nº 2). Organizada pola Asociación Cultural O Castro.

SANTIAGO DE COMPOSTELA.- Terza feira, 4 de outubro, ás 8 da tarde, no auditorio de Caixanova (Praza de Cervantes). Organizada pola Asociación Cultural O Galo.

OURENSE.- Cuarta feira, 5 de outubro, ás 8 da tarde na Auriense (Praza do Correxidor). Organizada pola Asociación Cultural Auriense.

CAMBADOS.- Cuarta feira, 5 de outubro, ás 8 da tarde en Exposalnés.

FERROL.- Quinta feira, 6 de outubro, ás 8 da tarde no auditorio da Fundación Caixa Galicia (Praza da Constitución s/n – Cantón de Molíns). Organizada pola Asociación Cultural Medulio.

PONTEVEDRA.- Quinta feira, 6 de outubro, ás 8.30 da tarde na Galería Sargadelos de Pontevedra (rúa da Oliva). Organizada pola Asociación Cultural Maio Longo. Coa participación de Manuel Mera, Néstor Rego e Marga Romero.

A MARIÑA.- Sexta feira, 14 de outubro, ás 8.30 da tarde na Casa da Cultura Manuel María, de Foz. Organizada pola Federación Galiza Cultura da Mariña.

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio