Seminarios de dinamización lingüística para técnicos/as da Rede

A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza dous seminarios de dinamización lingüística para o persoal técnico da súa Rede, un dirixido ás persoas que se están a iniciar neste ámbito e outro para toda a representación técnica da Rede de Dinamización Lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística está a organizar as dúas primeiras accións formativas dirixidas á Área Técnica da Rede de Dinamización Lingüística, que se desenvolverán os días 10 de xuño e 30 de xuño e 1 de xullo, respectivamente, en horario de mañá (de 10.00 a 14.00 h), en Santiago de Compostela (salón pequeno 2 do edificio administrativo de San Caetano).

Estes seminarios están pensados como formación específica en dinamización lingüística para a representación técnica (titular e suplente) das entidades que solicitaron a súa adhesión á Rede de Dinamización Lingüística.

O Seminario de iniciación á dinamización da lingua galega desde as entidades locais terá lugar o venres 10 de xuño, e participará a representación técnica das entidades adheridas que se está a iniciar no ámbito da dinamización lingüística.

Entre os días 30 de xuño (xoves) e 1 de xullo (venres) desenvolverase o I Seminario de formación permanante da Rede de Dinamización Lingüística, para o que xa será convocada toda a representación técnica da Rede.

ACTUALIZACIÓN: Informan desde a SXPL que este I Seminario de formación permanente queda adiado para despois do verán

Máis información e programas completos dos seminarios >
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio