Seminario de dinamización lingüística no ensino (A Coruña, Lugo e Vigo)

A SXPL organiza o V Seminario de dinamización lingüística no ensino, dirixido ao profesorado dos ENDL, e nesta edición centrado no aproveitamento dos recursos tecnolóxicos. O seminario terá lugar na Coruña, Lugo e Vigo entre o 20 e o 29 de abril, e a data de inscrición remata o día 12 de abril.

O V Seminario de dinamización lingüística no ensino terá lugar nas sete cidades galegas nos meses de abril e maio. O criterio preferente de selección para poder asistir a estas xornadas será a pertenza a un ENDL, que deberá certificarse mediante mensaxe electrónica do director ou directora do centro ao CFR correspondente.

Lugares e datas

O primeiro destes seminarios celebrarase na Coruña, Vigo e Lugo durante os días 20, 21, 22, 27, 28 e 29 de abril.

A data límite de inscrición é o 12 de abril, a través de https://www.edu.xunta.es/fprofe

* Programa da Coruña [.pdf]

* Programa Lugo [.pdf]

* Programa Vigo [.pdf]



Pola súa banda, en Ourense, Ferrol e Pontevedra o V Seminario de Dinamización Lingüística realizarase durante os días 4, 5, 6, 11, 12 e 13 de maio.

En Santiago de Compostela as datas serán 4, 5, 6, 11, 12 e 18 de maio.

En todos estes lugares a data límite para a inscrición será o 23 de abril, tamén a través de https://www.edu.xunta.es/fprofe
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio