Semente, escola de ensino galego en Compostela

En Santiago de Compostela está a piques de abrir Semente, unha escola de ensino galego impulsada pola Gentalha do Pichel e dirixida a nenos/as de 2 a 6 anos

A Semente é unha escola de ensino galego que, polo tanto, funcionará integramente en galego, favorecendo a adquisición, conservación, coidado e consolidación da nosa lingua.

Ademais, creando un espazo de interculturalidade, na Semente fomentarase a importancia do respecto a outras culturas que viven no noso país.

A Semente tamén quere ser un espazo de pegagoxía transformadora ao servizo dos intereses populares. Así, defende para o centro de ensino a coeducación, a laicidade, o asemblearismo, a interacción coa natureza, o respecto pola autorregulación das crianzas e a integración no contexto do barrio e cidade.

A escola Semente está situada no barrio de Vista Alegre, na rúa Salvadas 47, en Santigo de Compostela.

Máis información en www.sementecompostela.com
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio