Tres das prazas son para traballar como técnico/a auxiliar de campo na recollida de toponimia no Parque Natural do Xurés e outras tres no marco do Proxecto Toponimia.
As seis contratacións faranse en réxime laboral temporal, a xornada completa, por obra ou servizo determinado. Todas as prazas son de grupo II segundo o convenio colectivo do persoal laboral da Xunta.
O proceso selectivo consistirá en concurso-oposición, complementado cunha entrevista persoal.
A fase de concurso puntuarase sobre 35 puntos, a de oposición sobre 50 e a entrevista persoal sobre 15.
O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados a partir da publicación do anuncio (feito público o 5 de agosto).
A convocatoria completa en .pdf pode descargarse aquí (891 KB).
Seis prazas para traballar en toponimia a través da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal da Consellaría de Medio Rural
A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal, dependente da Consellaría do Medio Rural, anuncia a convocatoria pública de, entre outras, seis prazas de técnico/a auxiliar de campo para a recollida de toponimia. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 18 de agosto.