DATOS BÁSICOS DA CONVOCATORIA
Publicación: Diario Oficial de Galicia (DOG) do 22 de maio de 2014
Prazas con contrato convocadas:
-Universidade de Extremadura
-Universidade de Deusto
-Universidade de Cork
-Universidade do Miño
Bolsas convocadas:
-Universidade de Barcelona
-Universidade Complutense de Madrid
-Universidade de Granada
-Universidade do Algarve
-Universidade de Padua
-Universidade de Roma «La Sapienza»
Titulación necesaria: dependendo do lectorado que sexa, o requisito pode ser a licenciatura en Filoloxía Galega, Grao en Galego ou equivalente, Tradución ou graos lingüísticos con determinados contidos de galego.
Criterios de selección: valoración de méritos, de acordo coas puntuacións fixadas no anexo II das convocatorias, e entrevista persoal
Requisitos básicos: ter nacionalidade dun país membro da UE e non superar os 35 anos de idade na data de remate da presentación de solicitudes
Duración: máximo de tres anos
Contía:
-1.123,96 €, para aqueles lectorados localizados en universidades do Estado español.
-1.277,12 €, para aqueles lectorados localizados en universidades de fóra do Estado español.
Prazo de presentación: ata o 22 de xuño de 2014
Convocatorias completas:
-Para as prazas con contrato, aquí: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140522/AnuncioG0164-140514-0007_gl.html
-Para as bolsas, aquí: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140522/AnuncioG0164-140514-0005_gl.html
Seis bolsas e catro contratos en lectorados de galego en universidades europeas
A Xunta de Galicia convoca catro contratos para os lectorados de galego das universidades de Estremadura, Deusto, Cork e Miño, e mais seis bolsas para os de Barcelona, Complutense de Madrid, Granada, Algarve, Padua e Roma. O prazo de solicitude remata o 22 de xuño