Segundo concurso de podcasts da AS-PG

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Segundo Concurso de Podcasts co obxecto de fomentar a lingua oral e a creatividade mediante o uso das TIC.

Para a edición deste ano 2008 estabelecéronse dúas categorías.

1.- CREARTE: en que se pode traballar contidos musicais, literarios, o cinema, o medio ou o teatro.

2.- DOCUMENTARTE: en que se poderán contar viaxes, tradicións, oficios etc. en formato documental radiado ou televisado.

Tamén existen dúas modalidades de participación

1. Para escolares: estudantes matriculados en calquera centro de ensino non universitario de Galicia e que teñan menos de 18 anos o día 15 de outubro de 2008.

2.- Para adultos: persoas maiores de 18 anos o día 15 de outubro de 2008 e resida en Galicia.

O prazo de envío de podcast remata o 30 de outubro de 2008. Os gañadores daranse a coñecer o 15 de novembro de 2008. Os traballos que se envíen iranse subindo ao web http://www.as-pg.com/Podcast/.

Podes consultar as bases completas do concurso na páxina da AS-PG: http://bitaculas.as-pg.com/xeral/entry/bases_do_ii_concurso_de
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio