Segunda fase da campaña Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística presentou este venres a segunda fase da súa campaña "Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego" en que participan corenta personalidades de diferentes ámbitos da sociedade galega que mostran en forma de texto, de debuxo, de fotografía e mesmo de hip hop, o seu compromiso co idioma propio

Ao mesmo tempo, a CGENDL convida a toda a sociedade, especialmente á comunidade educativa, a que participe enviando textos á páxina da campaña (www.coordinadoraendl.org/orgullo), onde se poderán atopar as mostras de orgullo de, entre outros, o atleta Pedro Nimo, o empresario Rafael Cuíña, as artistas Mercedes Peón e Aíd, o fotógrafo Xurxo Lobato, o enxeñeiro Xulio Fernández, o cociñeiro Javi Olleros, o catedrático especialista en linguas José Manuel Vez, os físicos Jorge Mira e Eva Cernadas, os scritores Rosa Aneiros e Agustín Fernández Paz, o teólogo Xosé Chao Rego ou o científico Ángel Carracedo.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio