Segunda edición da “Xeración E logo!”

A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentou hoxe a segunda edición da "Xeración E logo!", unha iniciativa encadrada na campaña xeral de promoción da lingua galega que pretende fomentar a transmisión da lingua galega entre pais e nais e os seus bebés.

A campaña consiste en distribuír a través da rede de centros do Servizo Galego de Saúde para todas as mulleres embarazadas un maletíns con diferentes materias con información, consellos para o embarazo, un caderno de xestación, unha escolma de nomes galegos de neno e de nena, recitativos para o bebé e un CD que este ano se renova respecto do que se entregou na anterior edición. En “Aloumiños de seda”, Abe Rábade púxolles música a seis poemas doutros tantos autores galegos. Ademais, o maletín inclúe outra novidade, un adhesivo deseñado polo debuxante Kiko Da Silva para lles pedir precaución aos condutores e sinalizar a presenza no coche do bebé.

Todos os materiais escritos que se entregan neste maletín da “Xeración E logo!” 2008 están dispoñíbeis para a descarga no web da campaña www.palabrasencadeadas.com. Dentro deste sitio web, e asociado a esta iniciativa, ponse en marcha o Anenotario, un espazo de participación para que pais e nais compartan as anécdotas dos seus cativos. As mellores “anénotas” terán premios en forma de libros, música e materiais para o lecer infantil en galego.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio