Santiago convoca o II Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego

O Concello de Santiago de Compostela convoca o II Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego co fin de promover o uso do galego na comunicación do sector socioeconómico compostelán. O prazo remata o 15 de xuño

Por segundo ano, o Concello de Santiago de Compostela, a través do seu departamento de lingua, convoca o Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego, un certame que busca promover o uso do galego na comunicación do sector socioeconómico compostelán e engadir valor e rendemento ás iniciativas publicitarias a través da intervención dos profesionais do deseño e da aplicación da creatividade e da innovación aos soportes e ao seu contido.

O obxectivo deste concurso é aumentar a presenza do galego na comunicación publicitaria ao recompensar o proxecto de campaña que resulte gañador cunha contía económica (5.000 euros) destinada á súa implementación.

Para participar no concurso será necesario presentar un proxecto orixinal dirixido a publicitar un establecemento comercial, hostaleiro ou empresarial, un grupo formal ou informal de establecementos ou unha asociación do sector que forme parte do tecido socioeconómico compostelán, deseñado para calquera soporte e sistema de distribución.

O premio é de 5.000 euros, destinados á execución do proxecto publicitario.

O prazo de inscrición remata o 15 de xuño.

A información completa, bases e inscricións, aquí >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio