Saborea o galego, campaña de dinamización do Concello de Santiago

A campaña Saborea o galego! impulsada desde o Concello de Santiago busca a implicación do persoal ao servizo da cidadanía na Administración local, un dos obxectivos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega, así coma no Plan de normalización lingüística do Concello de Santiago para garantir o uso normal da lingua galega en todos os aspectos da comunicación corporativa.

A campaña pretende achegar unha serie de recursos para reforzar a competencia lingüística e os coñecementos normativos, ademais de proporcionar fontes de referencia para resolver dúbidas á hora de elaborar as comunicacións. Para iso, procuraranse os obxectivos seguintes:



  • Achegar unha mensaxe positiva e atractiva que axude a promover a chamada “oferta positiva” no Concello de Compostela.


  • Sistematizar o servizo interno de asesoramento lingüístico para mellorar

    o seu aproveitamento.


  • Ofrecer unha serie de recursos prácticos (dicionarios, vocabularios,

    libro de estilo, correctores…) para reforzar a competencia lingüística e os

    coñecementos normativos.




A actuación baséase na edición de 930 exemplares dun recipiente que contén material dirixido a traballar tanto a sensibilización lingüística cunha mensaxe positiva e próxima (folleto explicativo, autocolante e caramelos) como a formación do persoal municipal (achegando un lapis USB cunha multimedia de recursos tanto lingüísticos como tecnolóxicos ou normativos referidos ao uso da lingua).



A estrutura da multimedia, que se presenta tanto no USB como na propia intranet do Concello, divídese en catro áreas fundamentais e unha pequena presentación:





  • RECURSOS: este apartado é o máis extenso e presenta unha serie de recursos seleccionados e preparados especialmente para os/as traballadores/as do Concello no que respecta ao procesador de textos, dicionarios, enciclopedias, ortografía e linguaxe administrativa galega.


  • FÓRMATE: esta área fala da formación xeral de lingua (os cursos Celga e as súa probas) e dos cursos de linguaxes específicas como a administrativa ou xurídica.


  • NORMATIVA: neste apartado fíxose unha escolma de textos referidos á regulamentación do uso da lingua galega.


  • O TEU PC EN GALEGO: e por último preséntase unha pequena guía para traballar co ordenador galeguizado.




Pódese visitar a multimedia en www.santiagodecompostela.org/saboreaogalego.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio