Sábado 7 de marzo: Asemblea Xeral da CTNL e xantar

A CTNL convoca a súa Asemblea Xeral anual para o sábado 7 de marzo. Terá lugar a partir das 10:00 da mañá no espazo cultural A Nave de Vidán. Posteriormente celebrarase un xantar no mesmo espazo, ao cal poden acudir socios/as e non socios/as.



ASEMBLEA ANUAL DA CTNL

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) reúnese en Asemblea Xeral ordinaria o sábado 7 de marzo, a partir das 10.00 h en primeira convocatoria e ás 10.30 h en segunda, na Nave de Vidán, en Santiago de Compostela.

-Día: sábado 7 de marzo de 2020

-Hora: primeira convocatoria, ás 10.00 h; segunda convocatoria, ás 10.30 h

-Lugar: Espazo Cultural A Nave de Vidán (avda. da Mestra Victoria Míguez, 44, Santiago de Compostela)

Orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior [Acta da Asemblea Xeral do 9 de marzo de 2019, en .pdf]

2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas

3. Exposición, debate e aprobación do informe de xestión [Informe-memoria de xestión 2019-2020, en .pdf]

4. Exposición, debate e aprobación do informe de contas

5. Elección de nova Xunta Directiva [Candidatura para a Xunta Directiva 2020-2022, en .pdf]

6. Exposición, debate e aprobación do plan de acción para o próximo exercicio [Proposta de liñas de acción para 2020-2012, en .pdf]

7. Presentación e aprobación do orzamento para o vindeiro exercicio

8. Rolda aberta de intervencións

DOCUMENTACIÓN PARA A ASEMBLEA

Para preparar mellor as achegas e propostas das/dos participantes na asemblea e así facermos entre todas e todos una asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva, unha semana antes da asemblea poderá consultarse no web a documentación necesaria.

As/Os socias/os poden remitir ao enderezo electrónico info@ctnl.gal todas as ideas e propostas que teñan e que crean que a CTNL pode desenvolver, alén de presentar propostas, suxestións e ideas na propia asemblea.

ELECCIÓN DA XUNTA DIRECTIVA

A asemblea deste ano inclúe na orde do día a elección dunha nova Xunta Directiva.

Se queres presentar candidatura, lembrámosche que, segundo os estatutos da CTNL, a Xunta Directiva estará integrada por un/unha presidente/a, un/unha secretario/a, un/unha tesoureiro/a e seis vogais (art. 24) e que os cargos da Xunta Directiva terán unha duración de dous anos (art. 25). Deste xeito, poderanse presentar candidaturas á Xunta Directiva até 72 horas antes da Asemblea (até o mércores 4 de marzo, ás 10.00 h), para o que se deberá enviar a candidatura por correo electrónico a info@ctnl.gal, e nela que deberán figurar os nomes, apelidos e números de documentos de identidade dos/as socios/as que a compoñen, e sempre co visto e prace desas persoas.

Convocatoria completa, en .pdf

XANTAR DE CONFRATERNIDADE LINGÜÍSTICA

O mesmo día da Asemblea da CTNL teremos, no mesmo espazo, un xantar aberto de confraternidade lingüística, no cal pode participar calquera persoa interesada en compartir connosco unhas horas de conversa e boa comida.

• Lugar: Restaurante A Nave de Vidán | www.anavedevidan.com

• Hora: 14.30 h

• Menú: cocido (sopa, cacheira, lacón, costela, garavanzos, patacas, grelos, chourizos, pan, viño, auga, cervexa, refrescos, queixo con marmelo, cafés e licores).

• Prezo: 24 euros

• Confirmación: agradecemos a confirmación de asistencia ao xantar o máis axiña posible e, en todo caso, até o 1 de marzo, no enderezo info@ctnl.gal ou no teléfono 629571950.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio