Sábado 28 de febreiro, asemblea xeral da CTNL e xantar

O sábado 28 de febreiro a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral anual. Terá lugar pola mañá en Santiago de Compostela, e posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, A Nave de Vidán



ASEMBLEA ANUAL DA CTNL

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) reúnese en Asemblea Xeral Ordinaria o sábado 28 de febreiro, a partir das 11.30 h en primeira convocatoria e das 12.00 h en segunda, na Nave de Vidán, en Santiago de Compostela.

-Día: sábado 28 de febreiro de 2015

-Hora: primeira convocatoria, ás 11.30 h. Segunda convocatoria, ás 12.00 h

-Lugar: Restaurante Espazo Cultural A Nave de Vidán (Avda. da Mestra Victoria Míguez 44. Santiago de Compostela)

Convocatoria completa en .pdf >

Orde do día

1. Aprobación da acta da asemblea anterior [Descarga aquí en .pdf a acta a asemblea anterior]

2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas

3. Exposición, debate e aprobación do informe de xestión [Descarga aquí en .pdf o informe-memoria de xestión da CTNL en 2014]

4. Exposición, debate e aprobación do informe de contas

5. Presentación e aprobación do orzamento para o vindeiro exercicio

6. Exposición, debate e aprobación do plan de acción para o próximo exercicio [Descarga aquí en .pdf as propostas de acción da CTNL para 2015]

7. Rolda aberta de intervencións

PROPOSTAS DE ACCIÓN E DOCUMENTACIÓN PARA A ASEMBLEA

Para que os/as socios/as poidades preparar mellor as vosas achegas e propostas e así facermos entre todas e todos unha asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva, días antes da asemblea enviarémosche toda a documentación e propostas por correo-e: acta da asemblea anterior, informe de altas e baixas de socias/os, informe de xestión e propostas de acción para o próximo exercicio.

Antes diso, agradecémosche que nos remitas todas as ideas e propostas que teñas e que creas que a CTNL pode desenvolver, para así poder valorar incluírmolas nas propostas de acción.

XANTAR DE CONFRATERNIDADE LINGÜÍSTICA

O mesmo día da Asemblea da CTNL celebraremos, no mesmo espazo, unha lacoada aberta de confraternidade lingüística, na que nos gustaría moito contar coa participación de todas e de todos.

-Lugar: Restaurante A Nave de Vidán

-Hora: 14.30 h.

-Menú: lacoada (lacón, chourizos, patacas, grelos, viño tinto e outras bebidas, queixo e rosca de sobremesa e café de pota).

-Prezo: 20 euros.

-Confirmación: agradecémosche que confirmes a túa asistencia ao xantar o máis axiña posible. En todo caso, antes do 25 de febreiro, no enderezo-e info@ctnl.gal ou no teléfono 629571950.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio