«Documentos CTNL» é unha colección de documentos electrónicos que naceu co obxectivo de elaborar, compilar e difundir materiais de apoio, análise e proposta para facer máis eficaz o traballo en normalización lingüística.
O primeiro documento electrónico desta colección converteuse en todo un éxito, pois só o primeiro día xa superou as 1.000 descargas e en 20 días superou as 3.500, o que, ante as insuficiencias de formación especializada e de materiais técnicos, demostra a necesidade de cubrir esta carencia con documentos de apoio coma este.
«Revisar a corrección. Obxectivos e métodos para unha reparación textual eficiente nos servizos de normalización lingüística» [.pdf], de Manuel Bermúdez Blanco, procura reformular os labores de corrección e darlles sentido no proceso social de normalización da lingua galega. Esta formulación baséaa o autor en dous piares: equilibrar os esforzos que os SNL lle dedican á corrección de textos e que a propia tarefa da corrección non quede na simple reparación de erros, senón que persiga a formación dos/as produtores/as dos textos.
Os documentos desta colección publicaranse no sitio web da CTNL en formato .pdf, e estarán editados dun xeito sinxelo e axeitado tanto para seren lidos e consultados en pantalla como para seren impresos en tamaño folio. Os arquivos compilaranse no apartado «Colección Documentos CTNL» de «O Andel da CTNL». A edición dos materiais non terá unha periodicidade concreta, mais a pretensión é editar un ou dous documentos por ano.
‘Revisar a corrección’ supera as 3.500 descargas en 20 días
DOCUMENTOS CTNL 1
O primeiro número da colección de documentos electrónicos da CTNL, «Revisar a corrección. Obxectivos e métodos para unha reparación textual eficiente nos servizos de normalización lingüística», de Manuel Bermúdez Blanco, superou en 20 días as 3.500 descargas, o que demostra a necesidade e interese deste tipo de documentos técnicos de apoio, análise e proposta para facer máis eficaz o traballo en normalización lingüística.